ESTE SÁBADO, O BNG E GALIZA NOVA RÉNDENLLE TRIBUTO

En tempos de medre da ultradereita, cómpre reivindicar aínda máis figuras como Pedro Galán Calvete

Acto tributo a Pedro Galán Calvete no cemiterio de Santo Amaro
Un momento do acto de 2024
En tempos de medre da ultradereita faise aínda máis imprescindíbel exercer a memoria democrática e pór en destaque o legado daquelas persoas que perderon a vida no combate contra o fascismo.
En tempos de medre da ultradereita, cómpre reivindicar aínda máis figuras como Pedro Galán Calvete

Unha delas -o mozo Pedro Galán Calvete, secretario de Organización das Mocidades do Partido Galeguista- perdeuna ben novo, aos 19 anos, asasinado en setembro de 1936 por aqueles fascistas que se levantaron en armas contra un goberno democrático. O odio aos seus ideais galeguistas, nacionalista e progresista, ao seu compromiso coa cultura e a lingua de Galiza, foi o que levou os seus asasinos a cometer o crime.

Este sábado, como xa é tradición, moi perto do seu cabodano -conmemorouse  o pasado 16 de setembro- o BNG -en concreto o grupo de barrio de Monte Alto- e Galiza Nova convoca un tributo á memoria dun mozo que, alén do seu compromiso político, foi fundador, entre outras persoas, do Clube do Mar, alumno da Escola do Insiño Galego promovida polas Irmandades da Fala, grande orador e activista social.

O acto terá lugar ás 12 horas no cemiterio de Santo Amaro e nel intervirán o historiador Manuel Rei e o secretario comarcal de Galiza Nova, Anxo Vázquez. A presentación correrá a cargo de Alba Casais nun evento que contará tamén co grupo de gaitas da Asociación Veciñal Atochas Monte Alto.

 

En tempos de medre da ultradereita, cómpre reivindicar aínda máis figuras como Pedro Galán Calvete