JORQUERA VOLVE LEVAR O ASUNTO AO PLENO, NA SESIÓN DO XOVES 2 DE OUTUBRO

Continúa a haber verteduras de graneis na estrada do Porto e na AC-10

Verteduras porto. 22 setembro
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, volve levar ao vindeiro Pleno, a se realizar o xoves 2 de outubro, as verteduras de graneis que se continúan a producir na calzada da estrada do porto e na AC-10. A iniciativa será un rogo oral.
Continúa a haber verteduras de graneis na estrada do Porto e na AC-10

A pesar de o BNG ter rexistrado rogos en plenos anteriores -xuño e xullo- as cousas non teñen mudado, o que leva Jorquera a se volver interesar por esta cuestión.

O BNG demanda que o Goberno Local faga xestións perante a Autoridade Portuaria ou o Ministerio de Transporte -titular da AC10- para que resolvan de vez este problema que representa un perigo para a seguridade das persoas que por alí transitan, en particular ciclistas e motoristas.

Achegamos fotografías, tomadas os pasados días 30 de xullo, 9 de setembro e 22 de setembro que testemuñan a continuidade das verteduras.

Continúa a haber verteduras de graneis na estrada do Porto e na AC-10