GRAZAS AO BNG, A APLICACIÓN DA TAXA DO LIXO SERÁ GRADUAL ATÉ O 1 DE XANEIRO DE 2029

O Goberno Local asume a proposta do BNG e non haberá suba xeneralizada de taxas e impostos en 2026

Pleno Outubro
O grupo municipal do BNG, fotografado momentos antes do comezo do Pleno
O portavoz do BNG, Francisco Jorquera, celebrou, durante o Pleno deste xoves 2 de outubro, que o Goberno Local anunciase que non contempla subas de taxas e impostos xeneralizadas en 2026.
O Goberno Local asume a proposta do BNG e non haberá suba xeneralizada de taxas e impostos en 2026

O portavoz do BNG, Francisco Jorquera, celebrou, durante o Pleno deste xoves 2 de outubro, que o Goberno Local anunciase que non contempla subas de taxas e impostos xeneralizadas en 2026.

Foi o portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage, quen fixo o anuncio durante a sesión plenaria.

“Alédome de que o señor Lage fixese público agora mesmo que o Goberno Local non traballa na hipótese, cara ao próximo exercicio, dunha suba xeneralizada de taxas e impostos”, dixo Jorquera.

E alédase porque foi o BNG –“e o señor Lage sábeo perfectamente- quen o pasado luns, no inicio formal das negociacións do orzamento do Concello para 2026, “fixo a proposta de que no vindeiro exercicio non se producise unha suba de taxas”.

Neste mesmo Pleno, e tamén no ámbito da política fiscal, o Pleno aprobou de xeito definitivo a taxa sobre o lixo.

Esta norma inclúe un incremento da taxa, aumento imposto por unha directiva europea segundo o cal as veciñas e os veciños teñen que cubrir o custo da prestación do servizo.

Mais o BNG -salientou Jorquera- negociou para que aplicación se faga de forma gradual até o 1 de xaneiro de 2029, alén de garantir reducións e exencións para situacións de vulnerabilidade social, ben como tamén incentivos para boas prácticas, orientadas a favorecer a reciclaxe.

O Goberno Local asume a proposta do BNG e non haberá suba xeneralizada de taxas e impostos en 2026