EMALCSA

Por moito que se insinúe a súa construción seguimos sen as mínimas seguridades para o transvase As Encobras Cecebre

Vista aérea no seu día da mina de lignito das Encrobas-Meirama que na actualidade asolagada forma o Lago das Encrobas
Vista aérea no seu día da mina de lignito das Encrobas-Meirama que na actualidade asolagada forma o Lago das Encrobas

Insistimos en reclamar a necesidade de expoñer ou realizar cantos informes sexan precisos que avalen a idoneidade para consumo humano das augas do lago das Encrobas así como o nulo impacto medioambiental da obra.

Esiximos do Goberno municipal que aclaren o por que do interese de EMALCSA en realizar as obras e como se pensan financiar

Nunca avalaremos este transvase mentres non estean claros aspectos fulcrais do mesmo: a calidade óptima das augas para consumo humano, a afectación ás contornas LIC, as empresas e administracións implicadas e/ou beneficiadas e a realización dun estudo da evolución das necesidades de auga para a Comarca coas actuacións prioritarias que se deberan resolver, entre as que por certo, nós non consideramos a obra do transvase

Por moito que se insinúe a súa construción seguimos sen as mínimas seguridades para o transvase As Encobras Cecebre

Insistimos en reclamar a necesidade de expoñer ou realizar cantos informes sexan precisos que avalen a idoneidade para consumo humano das augas do lago da Encrobas así como o nulo impacto medioambiental da obra.

Deste xeito, cremos prioritario poñer enriba da mesa, antes de acometer calquera actuación no Lago das Encrobas, estudos, traballos ou informes procedentes, realizados de xeito rigoroso e ao efecto, que descarte calquera prexuízo en saúde publica para a poboación da comarca e avale a calidade óptima para o seu consumo, asemade, e conxuntamente, a que se descarte o impacto medioambiental nas zonas e nas especies que hoxe en día se atopan nos espazos LIC.

E tamén esiximos do Goberno municipal que se aclare o por que do interese de EMALCSA en realizar as obras e como se pensan financiar.

E é que demandamos do Executivo da Marea que aclare se EMALCSA tomou a iniciativa de "motu propio" a respecto de recuperar esta actuación, esquecida durante estes últimos catro anos ou, se pola contra, parte dunha encomenda do propio Goberno municipal e o por que da súa motivación.

Imaxe aérea actual do lago das Encrobas desde a que se quere facer o transvase da auga

Queremos que se nos aclare se o Goberno local só está traballando, como única alternativa á seca que estamos a vivir na comarca nestes últimos meses, na idea do transvase sen considerar outras formulacións, en base a que e como se pensa financiar ou, se pola contra, non tiveron coñecemento até agora do interese da empresa pública EMALCSA para coa realización da obra.

Así, tamén preguntámonos quen sairía beneficiario da execución da obra e que interese hai para realizala de xeito tan urxente como se está a formular nas últimas semanas.

Neste sentido, deben ser aclarados aspectos como que administracións, institucións e empresas, públicas e privadas, estarían implicadas nesta obra e a cargo de que financiamentos serían realizadas, xa que logo o beneficio público, segundo cremos, aínda non foi exposto e, porén, xa se avanzou que EMALCSA se encargaría de executala.

Por último, aínda fica pendente un estudo integral das necesidades de auga na comarca da Coruña, algo que xa demandabamos hai catro anos, e que incluíra as previsións demográficas e as previsións en materia económica, comparando necesidades de demanda da auga para consumos domésticos, industriais e animais.

Nunca avalaremos este transvase mentres non estean claros aspectos fulcrais do mesmo: a calidade óptima das augas para consumo humano, a afectación ás contornas LIC, as empresas e administracións implicadas e/ou beneficiadas e a realización dun estudo da evolución das necesidades de auga para a Comarca coas actuacións prioritarias que se deberan resolver, entre as que por certo, nós non consideramos a obra do transvase. E se a obra sae para adiante sen ter aclarados todos estes aspectos será en contra da nosa opinión e coa nosa oposición.

A Coruña, 19 de novembro de 2017.

 

Artigos relacionados:

Por moito que se insinúe a súa construción seguimos sen as mínimas seguridades para o transvase As Encobras Cecebre