É moito hora de resolver os problemas de accesibilidade no Barrio das Flores
A iniciativa asínaa Francisco Jorquera e refírese en concreto á petición da veciñanza de que se constrúan unhas ramplas nas rúas das Margaridas, dos Castaños e das Hortensias e no acceso aos edificios con entrada por Hortensias e Margaridas.
Os problemas de accesibilidade son produto de que no seu momento se optase pola construción de escaleiras e non de ramplas, explica Jorquera neste rogo oral dirixido ao executivo coruñés.
Jorquera –quen lembra que no seu tempo o Barrio das Flores mesmo chegou a ser un expoñente dun urbanismo moderno e innovador- salienta que “co paso dos anos a carencia de investimento público e de mantemento” sumiron esta zona da cidade “nun proceso de degradación e abandono”, de aí que o BNG inste o Goberno Local a que dea impulso a un “plan de rehabilitación integral que recupere e poña en valor este barrio emblemático”.
Mais mentres ese plan integral non se realizar, cómpre facer algunhas actuacións necesarias, entre elas a resolución dos problemas de mobilidade que dan pé a este rogo.