Moi participativo o primeiro FÃo Directo co BNG
Abrimos este 22X, nun moi concorrido patio interior da Fundación LuÃs Seoane, o primeiro dos encontros abertos á veciñanza que, baixo o nome xenérico FÃo Directo co BNG, imos realizar con carácter periódico ao longo deste novo mandato en MarÃa Pita. O acto foi moi participativo, con moitas achegas e propostas por parte do público asistente.
Dúas ideas ficaron ben claras durante o acto: que o BNG vai ser durante este mandato, como adoita ser en calquera institución representativa, terminal polÃtica en MarÃa Pita de todo aquilo que se move pola base da sociedade e que o Bloque emerxe, despois do 28X, como forza determinante e decisiva no Concello.
No acto estiveron presentes e tomaron a palabra representantes de entidades como as asociacións veciñais do Birloque e Monte Martelo, a Liga Reumatolóxica Galega, a Federación Galega de Enfermidades Raras, os comités de empresa de Nostián e das conserxarÃas das instalacións deportivas municipais, a asociación cultural O Facho, o Proxecto Escoita, a comunidade de veciños das Vivendas de Franco, Defensa do Común, a USO da concesionaria de limpeza viaria, as e os veciños da Agra dos Mallos.
Escoitáronse avaliacións do proceso de negociación habido co PSOE por volta do Acordo de Investidura, mais sobre todo as persoas que pediron a palabra fixérono para lle trasladar ao BNG as súas visións sobre tarefas pendentes a impulsar desde o Concello.
"Centramos moito este acto en trasladarvos a nosa valoración do que deu de si a negociación co PSOE porque é o que agora toca, a nova Corporación está aÃnda comezando a funcionar, mais a nosa vontade é que estes acordos sexan periódicos, que nos permitan ter unha interacción permanente convosco, para recollermos as vosas suxestións e propostas, visando que o BNG sexa unha ferramenta útil para os vosos anceios, as vosas demandas, teren reflexo na polÃtica municipal", afirmou, na intervención que puxo ramo ao acto, o noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera.