MOBILIDADE

A Marea Atlántica descóbrese e avalará un servizo de transporte urbano privatizado

Bus da Compañía de Tranvía dos anos 60 do século pasado
Bus da Compañía de Tranvía dos anos 60 do século pasado

É a nosa obriga criticar que a Marea Atlántica seguirá apostando polo modelo de xestión privada de transporte público máis cando vimos de coñecer que a Compañía de Tranvías tivo de beneficios líquidos en 2016 máis de 4,5 millóns de euros

Xa tivemos acceso ás contas da Compañía de Tranvías correspondentes ao ano 2016 depositadas no Rexistro Mercantil, e é evidente que o modelo de xestión privada do transporte público está obsoleto e que só ten suposto para a cidadanía da Coruña un ineficiente e caro transporte público cunha concesión leonina pola que a concesionaria recibiu un total de 8,9 millóns de euros en subvencións do Concello da Coruña, un 37,51 % da cifra total de negocios

 Lembramos que agora mesmo non existe impedimento legal ningún, xa que se cancelou o Plan de Axuste, para que o Goberno Local aposte pola xestión pública do transporte público da nosa cidade, por exemplo, a través da creación dunha empresa pública que o poida xestionar coa finalidade de promover un transporte pensado para as necesidades das coruñesas e dos coruñeses e que, como mínimo, A Coruña conte cunhas liñas eficientes e rápidas con horarios amplos, garantindo os transbordos, con maiores bonificacións, con paradas mellor xestionadas e unha tarxeta útil

A Marea Atlántica descóbrese e avalará un servizo de transporte urbano privatizado

É a nosa obriga criticar que a Marea Atlántica seguirá apostando polo modelo de xestión privada de transporte público máis cando vimos de coñecer que a Compañía de Tranvías tivo de beneficios líquidos en 2016 máis de 4,5 millóns de euros.

O 21 de xullo desubrimos, logo do acceso aos exepdientes dos modificativos, concretamente do M3/2017, que a Marea Atlántica pensa volver sacar a concurso público a xestión do transporte urbano de viaxeiros e que, para tal fin, reserva arredor de dezasete mil euros que se empregarían para pagar a externalización da redacción dos pregos técnicos e administrativos.

Tamén, nestes días, tivemos acceso ás contas da Compañía de Tranvías correspondentes ao ano 2016, depositadas no Rexistro Mercantil, concluíndo que o modelo de xestión privada do transporte público está obsoleto e que só ten suposto para a cidadanía da Coruña un ineficiente e caro transporte público cunha concesión leonina pola que a concesionaria recibiu un total de 8,9 millóns de euros en subvencións do Concello da Coruña, un 37,51 % da cifra total de negocios.

Así, puidemos comprobar como a Compañía de Tranvías tivo un total de 23,8 millóns de euros de cifra de negocio dos que 8,9 millóns corresponde á subvención municipal, ou sexa, un total dun 37,5% e un beneficio de 4,5 millóns de euros líquidos (despois de impostos): 600.000 euros máis que o ano pasado, un 15 % máis.

Lembramos que agora mesmo non existe impedimento legal ningún, xa que se cancelou o Plan de Axuste, para que o Goberno Local aposte pola xestión pública do transporte público da nosa cidade, por exemplo, a través da creación dunha empresa pública que o poida xestionar coa finalidade de promover un transporte pensado para as necesidades das coruñesas e dos coruñeses e que, como mínimo, A Coruña conte cunhas liñas eficientes e rápidas con horarios amplos, garantindo os transbordos, con maiores bonificacións, con paradas mellor xestionadas e unha tarxeta útil.

Neste caso hai dúas opcións: concebir o transporte público como unha política prioritaria e como un verdadeiro servizo público que debe ser xestionado para o beneficio das persoas que viven na cidade ou ben se concibe o tranporte como algo secundario e se permite que haxa unha empresa que se beneficie da súa xestión independentemente das necesidades da cidade. Agora vemos como a Marea Atlántica non ten ningunha intención nin valentía para optar pola primeira opción.

A Coruña, 28 de xullo de 2017

 

Noticias relacionadas:

A Marea Atlántica descóbrese e avalará un servizo de transporte urbano privatizado