Malia os accidentes, Fomento fala de "adecuadas condiciones de seguridad" no Birloque
A Coruña, 23 de outubro de 2013.- En resposta a unha batería de preguntas escritas do BNG presentadas no Congreso dos Deputados sobre as obras do Birloque e sobre a seguridade viaria, o Ministerio de Fomento considera que non é necesario acometer melloras de seguridade porque no se tiene constancia de atropello o accidente alguno. O que para o BNG son graves problemas de seguridade, para o Goberno central son adecuadas condiciones de seguridad. E isto a pesar das repetidas denuncias por parte da veciñanza do Birloque e da súa preocupación por unha estrada en que teñen lugar múltiples accidentes con persoas feridas. Fomento xustifica estas adecuadas condiciones de seguridad advertindo de que el atropello con un fallecido se produjo fuera del tramo en obras, en la zona adyacente al nudo de As Lonzas hacia el polígono de A Grela-Bens.
No mes de xullo, durante unha visita ao Birloque, a deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez puido comprobar que o barrio é atravesado por unha vía en obras polas que pasan os camións e os vehículos a máis de 50 km/h, a pesar de tratarse de núcleo urbano. De feito, a propia asociación de veciños e veciñas Os Anxos do Birloque ten advertido de que mentres as Administracións non tomasen medidas, os coches nesta vía son máquinas de matar.
O BNG ten reclamado no Concello que se estabeleza como velocidade máxima no barrio 30 km/h, a construción de badéns nos pasos de peóns, a sinalizacións correctas de obras, accesos áxiles e seguros para peóns e a mellor conexión de buses co barrio.
Fomento négase a dar prazos de finalización da terceira rolda
Pola outra banda, na resposta ao BNG, Fomento negouse a dar datas de finalización das obras da terceira rolda. Así, o Ministerio sinala que la finalización de las obras está prevista conforme a la programación económica recogida para esta actuación en el anexo de inversiones de los Presupuestos Generales del Estado de 2013. Precisamente, os orzamentos xerais de 2014 certifican un novo atraso nas obras da terceira rolda, con novos cambios na programación anual. Segundo as contas xerais do Estado, as obras da terceira rolda finalizarán, aínda, no 2016. E isto, a pesar de que o Sr. Negreira aínda no mes de abril deste ano, anunciou que a terceira rolda estaría plenamente operativa no 2014.