Xavier Vence visita as activistas de Velaluz para lles transmitir o apoio do BNG
A Coruña, 23 de outubro de 2013.- O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, visitou durante a pasada noite as activistas de Velaluz que cumpriron máis de 200 horas en folga de fame para pediren protección real para as vítimas da violencia de xénero, tamén para as súas crianzas. Acompañado do responsábel comarcal do BNG, Paulo Carballada, da responsábel comarcal de Acción Feminista, Vitoria Louro, do portavoz do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, e da concelleira María Xosé Bravo, Vence solidarizouse coas activistas e transmitiulles o apoio ás súas reivindicacións.
Xavier Vence puxo de manifesto que espera que o Goberno do PP tome en consideración as reclamacións de Velaluz, cuxas activistas levan xa 9 días en folga de fame.