A ESCULTURA DOADA POR SELVA GARCÍA CONTINÚA FECHADA NUN ALMACÉN MADRILEÑO
Un lustro despois, o Goberno de Inés Rey continúa sen cumprir o seu compromiso coa familia dos irmáns da lixivia
O compromiso era o de instalar unha escultura doada por Selva e da autoría do artista Ramón Conde nunha localización determinada, na rotonda onde conflúe o Paseo Marítimo con Santo Amaro.
A localización non era caprichosa, senón simbólica, por se tratar dun lugar próximo ao Campo da Rata, onde estes irmáns foron asasinados.
O asunto vaino levar ao Pleno do xoves a nosa concelleira Mercedes Queixas e vaino facer en forma dunha pregunta oral que reza como segue: “Por que non cumpre o Goberno Local co compromiso adquirido coa familia para honrar a memoria dos Irmáns da Lixivia?”.
O tema é que o lugar en que se ía instalar a escultura dos irmáns xa está ocupado por outro monumento, sen que até o de agora o Goberno Local atendese os rogos orais formulados polo BNG nos plenos de xaneiro e marzo.
“Rematado 2025, o Goberno de Inés Rey non fixo absolutamente nada para cumprir co seu compromiso. Continúa a lle fallar á restitución da memoria dos Irmáns da Lexivia, á necesaria reparación da ferida de Pepín -o único dos irmáns superviventes- e á súa filla Selva, promotora da escultura, tan xenerosamente doada ao Concello”, afirma Queixas.
“O Goberno de Inés Rey estalle a fallar á convicción democrática da cidade da Coruña. Ímoslle volver esixir que poña fin a esta débeda pendente”, conclúe.