UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

A que agarda o Goberno Local para regular as vivendas de uso turístico?

Vivendas de uso turístico. Foto: La Opinión [Víctor Echave]
Foto: La Opinión [Víctor Echave]
 A concelleira do BNG Avia Veira leva ao Pleno deste xoves 11X a necesaria regulación das vivendas de uso turístico por parte do Goberno Local.
A que agarda o Goberno Local para regular as vivendas de uso turístico?

“Canto máis ten que aumentar o número de vivendas de uso turístico e canto máis se ten que encarecer o aluguer na Coruña para que o Goberno Local traia a Pleno algunha proposta para as regular?”, inquire Veira.

A edil nacionalista salienta que na cidade existen xa máis de 1000 vivendas turísticas, un fenómeno que está a medrar “exponencialmente”. “É fundamental que o Goberno Local elabore unha regulación e exerza o control e a inspección necesarias”, remarca.

Na mesma dirección, Veira subliña que a regulación das Vivendas de Uso Turístico “é un compromiso do PSOE co BNG incluído no acordo sobre os orzamentos do Concello para 2024”.

“Cada día que pasa é un tempo precioso perdido para atallar unha das causas que inciden no prezo da vivenda, un dos principais problemas sociais da cidade”, considera Veira, ao tempo que enfatiza que “non abonda con lle solicitar á Xunta que declare A Coruña como mercado residencial tensionado e logo ficar de brazos cruzados agardando que os problemas se resolvan por si sós”.

A que agarda o Goberno Local para regular as vivendas de uso turístico?