Jorquera, sobre a reunión da alcaldesa co Consorcio das Mariñas: "Chega tarde"

Reuniao
Un momento da reunión en María Pita

“Esta reunión chega tarde. Xa o denunciamos no Pleno do Concello realizado o pasado 2 de febreiro. É incríbel que a alcaldesa non tivese un contacto cos alcaldes do Consorcio das Mariñas antes de presentar o proxecto da nova planta de Nostián”, afirma o voceiro do BNG e candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera, como avaliación do encontro habido hoxe entre Inés Rey e os alcaldes do consorcio.

 

Jorquera, sobre a reunión da alcaldesa co Consorcio das Mariñas: "Chega tarde"

Para Jorquera, non é de recibo que a alcaldesa non consultase previamente co Consorcio das Mariñas “algo tan básico como se se vai manter A Coruña ou non no modelo húmido seco ou se se vai introducir o quinto contedor”.

A verdade é que resulta incomprensíbel a falta de disposición ao diálogo por parte do Goberno Local, sendo que “como se sabe, a viabilidade da planta de Nostián depende en boa medida da participación dos concellos da área da Coruña”.

 

 

 

 

Jorquera, sobre a reunión da alcaldesa co Consorcio das Mariñas: "Chega tarde"