QUEIXAS: "IDE VER O QUE PRECISAMOS OLLAR, CONTAR E SENTIR POR NÓS MESMAS E POLAS QUE NUNCA CONTAN"
Jorquera, sobre "Matria": "Emociona e fai pensar"
Por súa parte, na mesma rede social, a responsábel de Cultura do Parlamento galego e número tres da nosa candidatura para as eleccións municipaias, Mercedes Queixas, anotou: "Impactada con Matria. Ide ver o que precisamos ollar, contar e sentir por nós mesmas e polas que nunca contan. Obrigada, Ramona e María, por avolvernos corpo e alma neste acordar por un novo horizonte. Moito orgullo por tanto talento de noso".
Nos instantes previios á proxección do filme, Jorquera e Queixas -canda Xurxo Couto, responsábel de Cultura da Deputación e candidato do BNG á Alcaldía de Arteixo- posaron coa protagonista da fita, María Vázquez, gañadora do premio á mellor actriz no festival de Málaga, e o produtor Daniel Froiz.
Nese mesmo certame "Matria" fíxose co galardón á mellor ópera prima.