DE COMO SE RESOLVA O ASUNTO VAI DEPENDER QUE O BNG CONSIDERE ROTO OU NON O ACORDO SOBRE OS ORZAMENTOS 2026
Jorquera insta o Goberno Local a que esclareza como vai actuar perante o burato nas contas do Concello
“Temos loxicamente preocupación perante os resultados da liquidación e perante as conclusións que se derivan do informe do interventor”, subliña o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera.
“O Goberno Local”, remarca, “ten que dar explicacións e esclarecer que medidas propón adoptar”, engade, ao tempo que remarca que “o BNG votou en contra dos orzamentos de 2025 [foron aprobados após someterse Inés Rey a unha cuestión de confianza que non superou]”.
O burato financeiro detectado nas contas do Concello si pode afectar os orzamentos vixentes, resultado dun acordo entre o PSdeG-PSOE e o BNG. “E de como se resolva esta situación, vai depender que consideremos se o acordo orzamentario ao que chegamos para este 2026 continúa a ter vixencia ou non”, conclúe Jorquera.