COMPARECENCIA DE CARLOS NÁRDIZ NA COMISIÓN ESPECIAL DA FACHADA MARÍTIMA

Jorquera valora as "achegas" do estudo da UDC e defende que "se teñen en conta, xunto con outras"

Jorquera e Carlos Nárdiz, autor do estudo da UDC sobre a reordenación do espazo portuario interior. Comparecencia 12 de xullo de 2024.
Jorquera e Carlos Nárdiz.
Esta mañá compareceu na Comisión Especial da Fachada Marítima, no salón vermello do Pazo de María Pita, o profesor Carlos Nárdiz, director do equipo da UDC que elaborou o documento “Definición dunhas liñas estratéxicas para a reordenación  do espazo portuario interior”.
Jorquera valora as "achegas" do estudo da UDC e defende que "se teñen en conta, xunto con outras"

A presenza de Nárdiz -como a anterior, a de Martín Fernández Prado, coa que se abría a rolda de comparecencias neste órgano do Concello- foi proposta polo BNG, en concreto polo seu portavoz e tamén presidente da Comisión Especial, Francisco Jorquera.

“Concordamos con moitas das liñas estratéxicas que dan forma ao estudo realizado polo equipo da UDC baixo a dirección de Carlos Nárdiz. É unha achega moi interesante a un debate social que ten que estar aberto á participación de moitos axentes e colectivos cidadás”, afirma Jorquera.

Lorenzo, Nárdiz, Jorquera e Lage. Comparencia de Nárdiz na Comisión Especial da Fachada Marítima. 12 de xullo de 2024.
Lorenzo, Nárdiz, Jorquera e Lage. 

Ese debate non debe estar predeterminado por ningún traballo previo, pero desde logo as achegas feitas até o de agora -e especialmente este estudo- “non deben ser desterradas ao baúl das lembranzas”, salienta. "Son contributos que hai ter que moi conta, xunto con outros", conclúe.

Jorquera valora as "achegas" do estudo da UDC e defende que "se teñen en conta, xunto con outras"