Estes son os actos que organiza Galiza Nova da Coruña para o Día da Patria 2024
"5 das máis de 50 actividades que organiza Galiza Nova para a Semana da Patria van ter lugar na nosa comarca", avanza o responsábel comarcal da formación xuvenil do BNG, Iago Mosquera.
"Para nós isto representa un orgullo e toda unha oportunidade de seguir dándonos a coñecer entre a mocidade coruñesa", alega.
Reivindicación, confraternización, celebración e orgullo do que somos como país, eses son os ingredientes dos distintos actos que prepara Galiza Nova e que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario:
Martes 16X: despregamento do bandeirón da patria na Coiraza do Orzán, ás 18 horas.
Mércores 17X: roteiro A Coruña Combativa, con saída ás 19 h desde a porta do Arquivo do Reino da Galiza.
Sábado 20X: Problemática nacional e colonialismo, unha ollada desde a mocidade galega, coa participación de Paulo Ríos, deputado do BNG. Será ás 18 horas na libraría O Galgo Azul (Avenida Gramela, 16-18 baixo).
Domingo 21X: proxección do filme Luísa Villalta: isto tamén é unha muller que resiste, e coloquio coa súa autora, Maria Maronho. 18 horas na AC Alexandre Bóveda.
Luns 22X: Homenaxe a Curros Enríquez e foliada, actos aínda por definir e de cuxa concreción iremos informando.