Jorquera, ao termo da primeira reunión sobre os orzamentos-2024: "A disposición de ambos grupos é boa"

Primeira reunión Orzamentos 2024 BNG-Goberno Local. Con Francisco Jorquera e Avia Veira.
Lage, Veira e Jorquera
"A disposición de ambos grupos para chegar a un acordo é boa”, afirmou, nun encontro cos medios, o noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera, ao termo da primeira reunión co Goberno Local sobre os orzamentos do Concello para 2024.
Jorquera, ao termo da primeira reunión sobre os orzamentos-2024: "A disposición de ambos grupos é boa"

“Foi unha primeira toma de contacto. Foi unha reunión cordial”, transmitiu Jorquera, quen estivo acompañado pola concelleira Avia Veira no encontro cunha delegación do Goberno Local encabezada polo seu portavoz, José Manuel Lage.

Na reunión -realizada no salón azul do Pazo de María Pita e con cuxa celebración a finais de setembro se dá cumprimento ao Acordo de Investidura asinado por ambas forzas políticas- pactouse un calendario de reunións semanais e unha metodoloxía ao longo do mes de outubro “co obxectivo de intentar chegar a un acordo con tempo suficiente para iniciar a tramitación do proxecto de orzamentos de tal maneira que podan entrar en vigor en xaneiro de 2024”.

Nese sentido, Jorquera explicitou que o ideal sería alcanzar un acordo “a finais de outubro ou principios de setembro” para iniciar a tramitación que permita chegar a 2024 cunhas contas novas.

IMG-20230928-WA0000
Jorquera atende os medios após a reunión

Lembrou Jorquera que neste 2023 o Concello está a funcionar coas contas de 2022 prorrogadas. “Froito diso, nos poucos meses que levamos de mandato houbo que abordar dúas modificacións dos orzamentos en vigor e outra máis do orzamento do IMCE. Esa inestabilidade non é boa. É bo que A Coruña teña orzamentos novos no inicio do próximo exercicio”, alegou. “Por iso”, engadiu, “o BNG ten a mellor disposición para contribuír a que haxa novos orzamentos en tempo e forma”.

Interpelado polos medios sobre as propostas que o BNG vai pór sobre a mesa para se incorporaren ás contas do Concello en forma de partidas orzamentarias, Jorquera afimou que “imos ser transparentes, mais non imos a comentar o día a día das negociacións. Unha negociación non pode frutificar se se vai telegrafiando. É importante a discreción, a reserva, a confianza entre as partes. Mais por suposto que trasladaremos no seu momento ao conxunto da sociedade coruñesa as nosas prioridades e as nosas propostas”.

E, nese mesmo sentido, e xa para concluír, resaltou que no Acordo de Investidura hai aspectos “que necesariamente teñen que ter plasmación orzamentaria”

 

 

 

Jorquera, ao termo da primeira reunión sobre os orzamentos-2024: "A disposición de ambos grupos é boa"