O Goberno volve a negarse a concretar actuacións nos barrios na contestación as alegacións do BNG
A Coruña, 7 de maio de 2016.- O Grupo Municipal do BNG critica que o Goberno municipal da Marea Atlántica volva negarse, desta volta na contestación ás alegacións, a concretar as actuacións que ten pensado realizar nos barrios e a recuperar as achegas que as nacionalistas fixeron durante a negociación e que foron eliminadas logo da aprobación das emendas do PP e do PSOE e que pasaron a formar parte dun orzamento ao que a Marea Atlántica votou a favor.
O BNG critica que o Goberno da Marea Altlántica volva negarse, desta volta na contestación ás alegacións, a concretar as actuacións nos barrios e a recuperar as achegas que as nacionalistas fixeron na negociación dos orzamentos e que foron eliminadas logo da aprobación das emendas de PP e PSOE
As nacionalistas lembran que levan demandando desde o inicio da negociación dos orzamentos concreción nas actuacións nos barrios, cousa que nunca chegou a facer o Goberno local e motivo polo que presentaron estas alegacións.
Deste xeito, o BNG nas súas alegacións insistía en pedir concreción para as actuacións nos barrios. Presentamos as emendas con propostas para que se concreten actuacións tanto na Área de Vías Públicas, coa descrición do gasto Obras de urbanización vías públicas. Actuacións de modernización de prazas e vías públicas. Proxectos, como para a Área de Sumidoiros, coa descrición de gasto Actuacións para a modernización e a mellora na rede de saneamento. Proxectos, e para as áreas xenéricas nas aplicacións que se corresponderan, e relativas á modernización e dignificación dos barrios sinalan a concelleira nacionalista Avia Veira.
Máis de 90 actuacións concretas nos distintos barrios da cidade, que van desde o acondicionamento de beirarrúas, instalación de iluminación, ou reparación e mantemento de distintas infraestruturas, a actuacións moito máis detalladas como a pavimentación e acondicionamento da Praza (do mercado) de Monte Alto, a execución da segunda fase do corredor entre as rúas Ribeira Sacra e Fragas do Eume no barrio de Novo Mesoiro ou habilitación e mellora da accesibilidade no acceso ao centro de saúde do barrio dos Castros, entre outras; actuacións concretadas nas nosas alegacións que non foron aceptadas polo Goberno municipal, salientan desde a formación nacionalista.
Veira: Estamos a vivir as secuelas da trapallada do Pleno de aprobación inicial, agora no informe sobre as alegacións acepta emendas non compatíbeis e que deben de ser coordinadas, segundo di literalmente o Director de Área de Facenda, de cara á aprobación final do orzamento
Por outra banda, tamén o Grupo Municipal do BNG solicitaba destinar até 245.100 euros co obxecto de aumentar a aplicación destinada ao Plan de Dinamización Comercial, coa seguinte finalidade específica de Creación e desenvolvemento dun Banco de Locais Comerciais, unha iniciativa máis que necesaria para revitalizar o comercio local na nosa cidade e que mesmo o Goberno local chegou a anunciar vía nota de prensa mais para o cal non destina nin un só euro do orzamento.
Amais, outra das emendas do BNG consistía en recuperar a cantidade destinada ás bolsas de participación para mozas/os. No seu momento xa presentaramos un rogo no Pleno no que solicitabamos do Goberno municipal recuperar as axudas económicas para dinamizar e fomentar a participación da mocidade. Nos orzamentos esta partida estaba incluída desde un comezo mais as emendas e a aprobación inicial do orzamento no Pleno eliminaron a nosa proposta. É por isto que a recollemos na nosas emendas co obxecto de recuperar esta partida. É unha verdadeira mágoa que non se incluíse este proxecto nos orzamentos finalmente xa que tampouco se aceptou esta alegación, indica Avia Veira.
Desde o Bloque sinalan que coa negativa a aceptar estas dúas últimas emendas semella que nin o propio Goberno local cre nas súas propias iniciativas, dunha banda négase a destinar nin un só euro a un proxecto que mesmo se anunciou en prensa, e doutra, négase a recuperar os cartos dunha bolsa destinada á participación da mocidade que se recollía desde o incio nos orzamentos municipais.
En último lugar, as nacionalistas chaman a atención sobre a encrucillada actual pois consideran que estamos a vivir as secuelas da chapuza do Pleno de aprobación inicial xa que agora o informe sobre as alegacións acepta emendas non compatíbeis e que deben de ser coordinadas, segundo di literalmente o Director de Área de Facenda, de cara á aprobación final do orzamento: emendas ademais presentadas polos dous grupos municipais que votaron a favor da aprobación inicial e polo tanto os responsábeis de que saíra adiante e prosperara un documento desaxustado e sen os preceptivos informes dos servizos en canto as emendas presentadas o propio día do Pleno.
Lembramos que no Pleno non se tiveron en conta as advertencias que desde o BNG fixemos coa intención, non outra, de aprazar a sesión para poder contar coa avaliación dos servizos técnicos a respecto das emendas que precipitadamente se presentaron a última hora. Non se nos fixo caso e hoxe atopámonos coas secuelas do acontecido, conclúe Avia Veira.
Noticias relacionadas:
- Concretar as actuacións nos barrios entre as emendas aos orzamentos do BNG
- O BNG non entende que o Goberno local se escandalice agora polos descadres do orzamento
- O BNG lembra que se puido aprazar o Pleno e que o Goberno votou a favor dos orzamentos
- O esperpento do Pleno no que se aprobaron os orzamentos
- Veira: "Existe un contrastado principio de incerteza sobre que orzamentos debatiremos o venres"
- A Comisión de Facenda non aclarou as demandas de concreción do BNG a respecto dos Orzamentos
- O BNG considera positivo que se incúan as súas achegas aos orzamentos
- O BNG recibe parte da documentación dos orzamentos municipais
- O BNG segue agardando pola resposta ás súas achegas aos orzamentos
- O BNG non determinará o seu voto sobre o orzamento até ter acceso ao expediente definitivo
- O BNG trasladoulle ao Goberno municipal as súas propostas para os orzamentos
- O BNG achegará as súas propostas para os Orzamentos
- Avia Veira: Estamos dispostos a falar de propostas para facer os orzamentos canto antes"
- O BNG introducirá os orzamentos na Comisión de Portavoces convocada para mañá
- Veira: Tomamos a iniciativa e convocamos esta reunión para traballar con seriedade, con propostas"
- O BNG convoca á Marea e ao PSOE para dar saída aos Orzamentos 2016
- O BNG insta a Marea e o PSOE a que abandonen a dramatización nos Orzamentos 2016
- Orzamentos 2016: "Demandamos que se emitan por streaming as reunións Marea-PSOE" ironiza Avia Veira
- Por que nos achegaron onte os que "parecen ser" os Orzamentos 2016?
- Veira: É insostíbel que se prorroguen indefinidamente os orzamentos do PP de 2015"