O BNG dá a coñecer as verdadeiras contas de “A Porta Aberta e “Dillo Ti”

O BNG dá a coñecer as verdadeiras contas de “A Porta Aberta e “Dillo Ti”

A Coruña, 5 de maio de 2016.- O Grupo Municipal do BNG denuncia que, despois de acceder aos expedientes e resolucións aprobados nos últimos meses, que a diferenza entre o que di o Goberno municipal que se está gastando nos proceso chamados participativos “A Porta Aberta” e o “Dillo Ti”, difire notabelmente do que na realidade está a acontecer.

O Grupo Municipal do BNG, logo de acceder aos expedientes e resolucións aprobados relativos aos procesos participativos constata que existe unha diferenza notábel e clara entre o que di o Executivo local e o que realmente se está gastando

Deste xeito, e segundo puido constatar o BNG, o proceso A Porta Aberta supuxo un desembolso de 95.722,45 euros, mentres que até o de agora, o proceso “Dillo Ti”, sen contabilizar os custos, de houber, do último encontro en Monte Alto, xa acadaron os 48.840,49 euros, que sobrepasan en conxunto xa 140.000 euros.

Avia Veira: “Que a nós nos conste, e como se pode apreciar nos documentos e nas táboas que achegamos, no primeiro proceso, “A Porta Aberta” gastáronse case 100.000 euros, e neste segundo proceso activo, o “Dillo Ti”, e sen contabilizar, se os hai, os gastos do último acto en Monte Alto, xa se superan os 48.000 euros”

“Preguntámonos por que existe esta diferenza. Preguntámonos por que as contas que se están aparecendo nos medios de comunicación, segundo a versión do alcalde e do Goberno municipal, non son as reais. Preguntámonos por que as contas que estamos contabilizando e ás que puidemos acceder a través dos decretos e resolucións que se están aprobando son distintas á versión oficial que se está dando. E preguntámonos por que os gastos que se recollen na páxina web do Concello da Coruña a respecto do proceso participativo A Porta Aberta non recolle todas as aprobadas.”, conclúe Avia Veira.

 

Ligazóns para descargar os decretos e resolucións:

20160505_gastos_apa_dt

 

 

Artigos relacionados:

O BNG dá a coñecer as verdadeiras contas de “A Porta Aberta e “Dillo Ti”