APÓS O APUÑALAMENTO DUN MOZO CORUÑÉS

O Goberno Local debe demandar na Xunta Local de Seguridade a intensificación da vixilancia e a prevención

XGL
Reunión da Xunta Local de Seguridade
O portavoz do BNG no Concello e candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera, pídelle ao Goberno Local que no marco da Xunta Local de Seguridade demande a intensificación das medidas de vixilancia e prevención para evitar que volvan acontecer “feitos tan lamentábeis” como o acoitelamento dun mozo coruñés producido esta fin de semana.
O Goberno Local debe demandar na Xunta Local de Seguridade a intensificación da vixilancia e a prevención

“A Xunta Local de Seguridade está para coordenar as actuacións a respecto da seguridade cidadá. E aí onde o Goberno Local ten de demandar que se intensifiquen as medidas de vixilancia e prevención. Cómpre que a Subdelegación do Goberno e a Delegación do Goberno, sendo o Estado a administración competente nesta materia, actúen con maior enerxía”, indica Jorquera.

Cumpre lembrar que a Xunta Local de Seguridade a preside a alcaldesa e que, na súa calidade de tal, a rexedora pode convocar as sesións deste órgano e fixar a súa orde do día.

O voceiro nacionalista expresou a “nosa absoluta repulsa” ante a “brutal agresión” sofrida polo mozo coruñés. “Queremos trasladar o noso afecto e solidariedade á sua familia e amizades. Desde logo desexamos a súa pronta e total recuperación”, engadiu.

O BNG agarda “a inmediata detención e posta a disposición xudicial dos culpábeis desta brutal agresión”.

 

 

 

 

 

O Goberno Local debe demandar na Xunta Local de Seguridade a intensificación da vixilancia e a prevención