UNHA INICIATIVA DE MERCEDES QUEIXAS PARA O PLENO DO 3 DE OUTUBRO

O Goberno Local continúa sen cumprir o acordo orzamentario sobre a Escola Municipal de Música

EMM
O BNG acompañou a mobilización do persoal
O Goberno Local continúa sen cumprir o acordo selado co BNG, no marco da negociación do vixente orzamento do Concello, en virtude do cal ía incrementar en 250 mil euros a partida destinada ao Consorcio para a Promoción da Música para a súa aplicación na Escola Municipal de Música.
O Goberno Local continúa sen cumprir o acordo orzamentario sobre a Escola Municipal de Música

O Goberno Local continúa sen cumprir o acordo selado co BNG, no marco da negociación do vixente orzamento do Concello, en virtude do cal ía incrementar en 250 mil euros a partida destinada ao Consorcio para a Promoción da Música para a súa aplicación na Escola Municipal de Música.

“Conscientes do abandono en que se achaba a EMM por parte do Goberno Local, na negociación orzamentaria puxemos, entre outras condicións para alcanzar unha acordo, a de que se incrementase en 250 mil euros a dotación para a Escola Municipal de Música”, relata a concelleira do BNG Mercedes Queixas.

“Mais até o de agora”, engade, “o Goberno Local incumpriu ese compromiso”. “O Goberno Local non só incumpre co BNG, incumpre tamén co profesorado e o alumnado da Escola Municipal de Música, o que loxicamente está a dificultar o desenvolvemento dun proxecto educativo e musical que ao longo dos últimos 25 anos ten conquistado un merecido prestixio”, remarca.

É por isto que Mercedes Queixas vai levar o asunto, en forma de pregunta oral, ao Pleno do vindeiro 3 de outubro, cunha cuestión que reza como segue: “En que empregou o Goberno Local os 250 mil euros que acordou co BNG investir na Escola Municipal de Música”.

As e os traballadores da EMM están a protagonizar estes días mobilizacións en defensa da xestión directa por parte do Concello -o servizo estase a prestar en precario coa prórroga da concesión finalizada-, en demanda de máis recursos para fortalecer o proxecto educativo -nesa dirección ían os 250 mil euros negociados polo BNG- e a prol do cumprimento do convenio colectivo.

O concelleiro do BNG David Soto estivo onte presente na concentración que o persoal realizou diante das instalacións da escola, na rúa da Torre.

 

 

 

 

 

O Goberno Local continúa sen cumprir o acordo orzamentario sobre a Escola Municipal de Música