ORA
O Goberno da Marea debe remediar o recargo do 10% da aplicación e-park da ORA
Solicitamos que se convoque a Comisión de Mobilidade para que o Partido Popular, como partido que estaba no Goberno no momento en que se redactaron os pregos de xestión do servizo de ordenación e regulación do aparcamento, dea explicacións sobre se a recarga anunciada na app de pagamento da ORA estaba recollida nos ditos pregos
Demandamos asemade a presenza do interventor municipal na dita comisión para que informe sobre a legalidade do cobro dun 10% a maiores en cada recarga na app de pagamento da ORA
Queremos tamén saber cales son os plans do Goberno Municipal para evitar este abuso
En relación co anuncio do pagamento a maiores dun 10% da cantidade que se recarga na aplicación de móbil e-park a partir do 28 de febreiro e dado o silencio do Goberno municipal diante do que consideramos un “abuso”, solicitamos esta mañá mediante correo electrónico ao Grupo Municipal do Partido Popular e en concreto á concelleira Begoña Freire, edila de Mobilidade no pasado mandato e actual presidenta da Comisión de Mobilidade, para que convoque a dita comisión.
Solicitamos esta reunión porque queremos que o Partido Popular dea explicacións sobre se a recarga anunciada pola empresa que desenvolveu e xestiona a app de pagamento da ORA estaba recollida nos pregos que regularon a contratación de xestión, na modalidade de concesión, do servizo de ordenación e regulación do aparcamento, tendo en conta que foi o anterior Goberno municipal quen redactou os ditos pregos, quen valorou as ofertas das empresas e propuxo a adxudicación da actual concesionaria.
Do mesmo xeito demandamos na solicitude a presenza do interventor municipal na dita comisión para que informe sobre a legalidade do cobro dun 10% a maiores en cada recarga na app de pagamento da ORA.
Por último, sinalamos que o noso desexo de xuntanza da Comisión tamén persegue coñecer cales son os plans do Goberno Local para evitar este abuso.
A Coruña, 19 de febreiro de 2018.