Como foron adxudicados os servizos complementarios de bibliotecas?
A Coruña, 9 de marzo de 2016.- O Grupo Municipal do BNG lembra que xa denunciou en novembro de 2012 as posíbeis irregularidades na adxudicación a Eulen dos servizos complementarios das bibliotecas polo que non lle sorprenden que sexan investigadas.
O BNG lembra que xa denunciou en novembro de 2012 as posíbeis irregularidades na adxudicación a Eulen dos servizos complementarios das bibliotecas polo que non lle sorprenden que sexan investigadas
Así, o Bloque recorda que o proceso da adxudicación definitiva á empresa Eulen fora unha chapuza, no que chegara a haber dous informes diferentes para a valoración das ofertas económicas, no que se cometeron erros de cálculo nun dos informes e no que se cambiaron criterios para a adxudicación no segundo informe.
Naquela altura as nacionalistas xa sinalaban que houbera dous informes distintos para a valoración das ofertas económicas, así como erros de cálculo nun dos informes e cambios de criterio
Naquel momento, logo de ter acceso ao expediente da adxudicación do servizo de bibliotecas, denunciabamos que houbera dous informes diferentes para a valoración das ofertas económicas e que se admitira nun primeiro informe, de data 1 de agosto de 2012, un erro de cálculo na puntuación final, e como consecuencia do mesmo o Goberno municipal do PP determinaba elaborar o segundo informe, este de data 21 de agosto de 2012. Asemade, entre ambos informes houbo diversos cambios de criterio, o que converteron o proceso nunha auténtica chapuza, sinala Avia veira
As nacionalistas lembran que derivado do proceso de adxudicación, a anterior concesionaria, LTM servizos bibliotecarios, empresa da Coruña, presentou un recurso contra a decisión de darlle o servizo a Eulen que no seu momento desestimou o Goberno municipal do Sr. Negreira en base a un informe da xefa de cultura na que admitían contradicións entre os informes, erros de cálculo etc.
Avia Veira: Agardamos que as investigacións xudiciais aclaren definitivamente o por que foi adxudicataria Eulen e que se depuren responsabilidades atinxan a quen atinxan
Para o Grupo Municipal do BNG a adxudicación final dos servizos complementarios de bibliotecas fíxose naquel momento baixo criterios subxectivos, en detrimento dunha pequena empresa coruñesa especializada no sector, e beneficiando a unha empresa multinacional, empresa da que era e segue sendo responsábel en Galiza a irmá de Sr. Feijóo. Agardamos que estas investigacións aclaren o por que foi adxudicado este servizo dunha maneira tan subxectiva e que se depuren responsabilidades atinxan a quen atinxan, conclúe Avia Veira.