QUEIXAS LEVA O ASUNTO AO #PLENOMARZO EN FORMA DE PREGUNTA ORAL

A falta de interese de Xunta e Goberno Local pon en risco a integridade dos murais de Urbano Lugrís

Mural Urbano Lugrís
Un aspecto dos frescos
A inacción de Xunta e Goberno Local están a pór en risco a integridade dos murais de Urbano Lugrís, a pesar de estes teren sido declarados, en outubro pasado, como Ben de Interese Cultural.
A falta de interese de Xunta e Goberno Local pon en risco a integridade dos murais de Urbano Lugrís

Así o considera a nosa concelleira Mercedes Queixas, quen vai levar o asunto ao Pleno en forma de pregunta oral.

O problema está en que o Concello non pode tramitar a licenza de rehabilitación do edificio da Rúa Olmos -que se atopa en estado moi próximo á ruína- mentres a Xunta non lle faga chegar o proxecto de intervención nos frescos.

“Non vemos que o Goberno Local estea a insistir politicamente para que a Xunta lle envíe o máis axiña posíbel ese proxecto de intervención sen o cal non se pode conceder a licenza de rehabilitación. Vemos inacción por parte de ambas administracións. E, mentres, os murais están en claro perigo, expostos a un inverno duro, con moitos días de chuvia intensa”, afirma Queixas.

O Concello non pode tramitar a licenza de rehabilitación do edificio da Rúa Olmos -que se atopa en estado moi próximo á ruína- mentres a Xunta non lle faga chegar o proxecto de intervención nos frescos

“O procedemento de rehabilitación do edificio está parado porque a Xunta non lle dá presentado ao Concello o proxecto de intervención, o que revela unha clara falta de interese por parte dunha administración galega que, non o esquezamos, xa é propietaria dos murais”, completa.

O texto literal da pregunta oral é o seguinte: “Está o Goberno Local a insistir politicamente para que a Xunta de Galiza recupere os murais de Urbano Lugrís da Rúa Olmos, tendo en conta que o edificio non terá licenza até que a Xunta non presente o proxecto de intervención nos frescos?”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A falta de interese de Xunta e Goberno Local pon en risco a integridade dos murais de Urbano Lugrís