VIVA O DÍA DO ORGULLO!

Difícil de entender por que a bandeira do arco da vella se deixa fóra do Pazo de María Pita

Pazo de María Pita sen a bandeira arco da vella. Día do Orgullo 2023.
“Hoxe é un día simbólico. A bandeira do Arco da Vella é un símbolo da loita e do orgullo do colectivo LGTB e, por tanto, ten que ter presenza no Pazo de María Pita, a casa de todas as coruñesas e coruñeses”, afirma a concelleira do BNG Avia Veira, quen vén de rexistrar un rogo escrito co fin de que o estandarte da causa LGBT+ luza sobre a fachada da Casa do Concello.
Difícil de entender por que a bandeira do arco da vella se deixa fóra do Pazo de María Pita

Argumenta o Goberno Local que existe un problema de conservación da balaustrada do balcón principal do Pazo de María Pita que torna inconveniente pendurar alí a bandeira. Mais ese problema ten doada solución, habendo vontade política. Bastaría con iluminar, por exemplo, o Pazo coas cores da bandeira ou pendurar o emblema das fiestras, alega Avia Veira.

Nun momento de avance da dereita extrema negacionista dos dereitos do colectivo LGTB, é máis necesario que nunca expresar o compromiso das institucións públicas con conquistas e avances que nunca debemos dar por garantidas e que hoxe están seriamente ameazadas.

Na exposición de motivos deste rogo escrito, remarca Avia Veira que a “violencia simbólica” exercida pola ultradereita contra a comunidade LGTB+ acaba derivando en “violencia física”. “Sabémolo ben na nosa cidade por sucesos recentes terríbeis que quedaron ben gravados na nosa memoria ou porque así nolo recordan, por exemplo, os casos que cada ano recolle o Observatorio coruñés contra a LGBTIfobia impulsado desde ALAS ou os que chegan ao Espazo Diverso do Centro Cívico da Cidade Vella, instrumento municipal que tanto precisa de máis impulso e difusión”, conclúe.

 

 

 

Difícil de entender por que a bandeira do arco da vella se deixa fóra do Pazo de María Pita