DENÚNCIAO A NOSA DEPUTADA MERCEDES QUEIXAS

Caída moi significativa da calidade asistencial na Residencia de Maiores Concepción Arenal

WhatsApp Image 2025-02-19 at 12.06.52
Un cubo a recoller pingueiras
A calidade asistencial na Residencia de Maiores Concepción Arenal ten caído moi significativamente nos últimos tempos, produto dun modelo de xestión privada que pon a maximación dos beneficios por enriba dos coidados das persoas maiores e dos dereitos laborais das traballadoras.
Caída moi significativa da calidade asistencial na Residencia de Maiores Concepción Arenal

Así o denuncia, por medio dun feixe de iniciativas parlamentares, a nosa deputada Mercedes Queixas.

“Infelizmente, a Residencia Concepción Arenal é hoxe un exemplo claro de a que conduce o modelo de privatización do coidado das persoas maiores polo que claramente ten optado o PP desde o goberno da Xunta: á perda de calidade das prestación, á degradación das condicións laborais do cadro de persoal e ao abandono dunhas instalacións que están lonxe de gozaren do mantemento necesario”, refire a parlamentar nacionalista.

Neste momento a residencia xestiónaa unha empresa asturiana, CECA Senior, que aplica a lóxica de “maximizar beneficios a custa de reducir dereitos, tal e como as traballadoras teñen feito público en mobilizacións recentes”.

WhatsApp Image 2025-02-19 at 12.06.51
Visíbeis manchas de humidade nas paredes

Queixas rexistrou varias preguntas por escrito enderezadas ao Goberno galego e por medio das cales quere saber se a Xunta é coñecedora do estado en que se acha a residencia, se considera bo o mantemento das súas instalacións, se se reuniu coas traballadoras, se asumiu algún compromiso neses eventuais contactos e se considera que a concesionaria respecta ou non os dereitos laborais.

De resto, a deputada do BNG empraza tamén o Goberno galego a que avalíe “a atención ás maiores” nunha residencia que se administra baixo “o modelo de xestión privada”.

 “Cal é o problema de fondo?”, pregúntase Queixas. “Pois basicamente, que o PP renuncia a prestar un servizo público de calidade desde a xestión directa. O PP ve na vellez un negocio. O BNG aposta, en troca, por unha mudanza de modelo que coloque no centro o coidado das persoas maiores e que o faga desde unha rede pública forte, tamén na Coruña”.

Queixas salienta que desde 2009 a Xunta gobernada polo PP non creou nin unha soa praza pública de residencias de maiores na nosa cidade.

Caída moi significativa da calidade asistencial na Residencia de Maiores Concepción Arenal