FOI UNHA DAS PROPOSTAS DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS DE 2021
Das 12 árbores gingko plantadas na rúa da Torre só 6 fican en pé

Mais neste momento só fican en pé 6 deses 12 exemplares, motivo polo que a concelleira do BNG Avia Veira rexistrou un feixe de preguntas por escrito.
“Cal é o motivo polo que só quedan en pé 6 dos 12 exemplares de ginkgos plantados a finais de 2022? Que lles pasou aos outros 6 exemplares que xa non están?”, inquire a concelleira.

As árbores foron plantadas no tramo entre o Campo de Marte e o Campo de Leña, pois os promotores da proposta dirixida aos orzamentos participativos argumentaban que era preciso mellorar a calidade urbanística e medioambiental nun barrio carente de suficientes espazos verdes.
Pregúntase Veira se o Executivo local pensa agora que os gingkos non resultan viábeis nese espazo e en todo caso inquire o Goberno Local por que non deu a orde de plantar outros 6 exemplares, “aínda que fosen doutras especies”.
O obxectivo, en todo caso, debe ser o de “reverdecer esta rúa central no barrio de Monte Alto”.