"AFRONTAMOS CON ILUSIÓN A ENCOMENDA QUE NOS FIXO A ASEMBLEA LOCAL, A DE AGRANDAR A BASE SOCIAL DO NACIONALISMO NA CIDADE"
O novo Consello Local realiza a súa sesión constitutiva, con Ignacio Siota como responsábel
![Reunión constitutiva do novo Consello Local após a Asemblea Nacional realizada o 1 de febreiro.](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/bngcidadedacorunha/images/2025/02/14/2025021410154664295.jpg)
“O novo Consello Local afronta con moita determinación e ilusión a encomenda que nos fai a Asemblea, a de traballar na procura de agrandar a base social do nacionalismo na cidade. E a verdade é que cada día vemos como medra a corrente de simpatía das coruñesas e coruñeses cara ao que representa a nosa forza política”, afirma Siota.
O órgano de dirección da formación nacionalista na cidade analizou a situación política que se vive no Concello, após a alcaldesa ter perdido a cuestión de confianza da cámara municipal no Pleno realizado o pasado martes 11 de febreiro.
“O que se viu con nitidez no debate da cuestión de confianza é que o BNG exerce o rol de forza decisiva que lle conferiron as coruñesas e os coruñeses nas pasadas eleccións e que se está a consolidar como unha clara alternativa de goberno na cidade”, avalía Siota, coruñés de 31 anos e licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía.
“O que se viu con nitidez no debate da cuestión de confianza é que o BNG exerce o rol de forza decisiva que lle conferiron as coruñesas e os coruñeses nas pasadas eleccións e que se está a consolidar como unha clara alternativa de goberno na cidade”
Acompañan Siota no Consello Local Keina Espiñeira, Jorge Castro, Guadalupe Martínez, Xabier Pérez Couto, Andrea Ramos, Raimundo Martínez, Mercedes Queixas, Francisco Jorquera, Isabel Risco, Fran Rei, Avia Veira, Isidro Daviña e David Soto.
![Reunión constitutiva do novo Consello Local após a Asemblea Nacional realizada o 1 de febreiro.](/media/bngcidadedacorunha/images/2025/02/14/2025021410155528788.jpg)
Coa elección e constitución do novo Consello Local fica completo na cidade o proceso de renovación de órganos aberto pola Asemblea Nacional do BNG que o pasado 1 de decembro reelixiu Ana Pontón como líder da organización.