UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA
Coñece o Goberno Local a deterioración que sofren as instalacións do Complexo Deportivo de San Diego?
No texto desta iniciativa, Jorquera salienta que a concesión do Complexo Deportivo de San Diego caducou en maio de 2020 (hai xa máis de tres anos!) e que, por tanto, “a empresa que o xestiona presta este servizo en precario”.
No mandato anterior, o Goberno Local optou pola vía de sacar a concurso o CD de San Diego conxuntamente co CD do Castrillón, “renunciando á xestión directa destes complexos en contra do criterio do grupo municipal do BNG”.
Como o Executivo coruñés non ten iniciado o proceso de licitación, Jorquera pregúntalle se continúa a optar por esa vía e se continúa a renunciar á xestión directa. “En caso afirmativo, cando está previsto que se inicie o proceso para a súa licitación?”, inquire.