DENUNCIOUNO AVIA VEIRA NO #PLENOOUTUBRO
O estado lamentábel do enreixado da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, un perigo para as miles de persoas usuarias
O enreixado -os peches e valados- que delimita a Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias atópase nun “lamentábel estado”, enferruxados e mesmo con algúns elementos soltos que “se poden apañar coas mans”, o que evidentemente constitúe un “auténtico perigo” para os milleiros de usuarios das instalacións e tamén as persoas que transitan pola contorna da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade.
07 out. 2023 - 13:48
Así o denunciou no salón de sesións do Pazo de María Pita a nosa concelleira Avia Veira durante o Pleno realizado este xoves 5 de outubro. Fíxoo en forma dun rogo oral por medio do cal pídelle ao Goberno Local que se “comece a preocupar” por esta situación e que proceda a encargar “a substitución dos peches e valados da Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias”.
“Calquera día vanlle caer enriba a un turista ou a un pequeno ou pequena”, alertou Veira, quen mostrou fotografías -que se achegan- e que mesmo sostivo na man un dos ferros enferruxados que se desprenderon do enreixado da Cidade Deportiva.