A PREGUNTA ORAL PRESENTÁMOLA O 27S, O EXECUTIVO CORUÑÉS DIRIXIUSE AO GOBERNO GALEGO ESTE 3O
Celebramos que, após Veira rexistar unha iniciativa ao respecto, o Goberno Local pida a declaración da Coruña como mercado tensionado
O texto literal da pregunta de Avia Veira -que foi enviada aos medios o pasado venres 29 de setembro- é o seguinte: “Exixiulle o Goberno Local á Xunta de Galiza a declaración da Coruña como mercado tensionado co fin de poñer en marcha medidas contempladas na Lei de Vivenda?”.
O BNG impulsa esta iniciativa por dúas razóns, remarca Avia Veira. A primeira, porque figura no Acordo de Investidura de Inés Rey pactado por BNG e PSOE. E segunda, porque o que estamos a ver no mercado da vivenda da Coruña “é insoportábel para a grande maioría da sociedade coruñesa”.