INICIATIVA DE AVIA VEIRA PARA O #PLENOOUTUBRO DO XOVES 5O

O BNG pídelle ao Goberno Local que xestione ante a Xunta a declaración da Coruña como mercado de vivenda tensionado

rolda_avia_Bens_1
Avia Veira, nunha conferencia de prensa
O Goberno Local debe esixirlle canto antes á Xunta de Galiza que declare A Coruña como mercado de vivenda tensionado para desenvolver así as propostas de control dos alugueres que se recollen na lei estatal.
O BNG pídelle ao Goberno Local que xestione ante a Xunta a declaración da Coruña como mercado de vivenda tensionado

Así o pensa a concelleira do BNG Avia Veira, quen lle dirixirá unha pregunta oral ao respecto ao Executivo coruñés no Pleno ordinario que se vai realizar o vindeiro xoves 5 de outubro.

“Exixiulle o Goberno Local á Xunta de Galiza a declaración da Coruña como mercado tensionado co fin de poñer en marcha medidas contempladas na Lei de Vivenda?”, inquirirá Veira.

O BNG impulsa esta iniciativa por dúas razóns, esclarece. A primeira, porque figura no Acordo de Investidura de Inés Rey pactado por BNG e PSOE. E segunda, porque o que estamos a ver no mercado da vivenda na Coruña, remarca Veira, “é insoportábel para a grande maioría da sociedade coruñesa”.

“A alza das hipotecas derivadas do aumento dos tipos de xuro decretado polo Banco Central Europeu veuse sumar a unha realidade xa marcada por prezos de venda e aluguer inalcanzábeis para a inmensa maioría das coruñesas e coruñeses”, argumenta Veira.

Non é posíbel ficar de brazos cruzados diante desta situación e, alén de impulsar políticas de vivenda propias desde María Pita, o Goberno Local ten que se dirixir á Xunta de Galiza -cuxa folla de servizos na materia na nosa cidade é practicamente nula, a pesar de ser a administración que ostenta a maior parte das competencias- para a nosa cidade ser cualificada como mercado residencial tensionado, alega a concelleira nacionalista.

O BNG pídelle ao Goberno Local que xestione ante a Xunta a declaración da Coruña como mercado de vivenda tensionado