Presentada xa a primeira iniciativa despois da visita da semana pasada de Ana Miranda á Ría do Burgo
Presentamos xa no Parlamento europeo unha iniciativa para lle esixir ao Goberno do Estado os investimentos necesarios para a rexeneración e dragado de lodos da Ría do Burgo
Despois da visita na semana pasada de Ana Miranda, a nosa representante en Europa, ao mesmo lugar onde a Comisión europea realizou a propia en 2013, e despois de comprobar que a contaminación da Ría do Burgo e que o nivel de lodos presenta as mesmas medicións que naquel momento, instamos á Comisión europea a realizar as accións necesarias para que se dote de fondos para o saneamento da nosa Ría
Tal e como adiantabamos a semana pasada, contemplamos seriamente presentar unha nova denuncia nas instancias europeas pola inexecución das resolucións do informe de 2013
Catro anos despois todo segue igual na Ría do Burgo: denunciaremos no Parlamento europeo a inacción do Estado
O Estado Español para recortar ben que cumpre as directrices europeas, mais para cumprir con políticas que son boas para xente, e para a comarca da Coruña, para que a Ría do Burgo xere actividade económica, cree emprego, para potenciala como eixo produtivo, está desaparecido
Hoxe volvimos ao mesmo lugar onde a Comisión de Peticións realizou en 2013 a comprobación in situ da contaminación da Ría do Burgo para facer revisión do seu informe emitido naquela altura e no que se instaba ao Goberno do Estado a investir os fondos económicos necesarios e a non escatimar esforzos para limpala de xeito urxente, a rexenerala e a retirar así como tratar os lodos
Xa anunciamos que nos dirixiremos de novo á Comisión de Peticións para lle solicitar unha revisión dese informe e que presentaremos iniciativas dirixidas á Comisión Europea a través do Parlamento Europeo para que o Estado Español dea conta dos seus propios incumprimentos
A nosa portavoz en Europa, Ana Miranda, tamén avanzou que contemplan seriamente presentar unha nova denuncia nas instancias europeas pola inexecución das resolucións do informe de 2013
É moi triste comprobar, como fixemos hoxe coa medición dos lodos, que seguen tendo o mesmo nivel que naquel día de principios de 2013 e como non se realizou ningunha das actuacións que no informe se instaban a facer. Para o BNG a Ría do Burgo é unha prioridade e parécenos unha vergoña tanto as asignacións que ano tras ano se introducen nos orzamentos do estado como a non execución das mesmas, tal como denunciou hai pouco máis dun mes a nosa portavoz nacional Ana Pontón