Bravo: "Concédenlles máis cartos ás empresas por menos horas de servizo para o pobo"

Bravo: "Concédenlles máis cartos ás empresas por menos horas de servizo para o pobo"

A Coruña, 8 de marzo de 2014.- O Grupo Municipal do BNG denuncia  que o Goberno local autorizou no día de onte, en Xunta de Goberno Local, dúas contratacións da xestión do servizo público de axuda a domicilio mediante a modalidade de concerto, nos que hai unha suba do prezo dos contratos do servizo de axuda a domicilio e do custe de hora deste servizo mentres o número de horas anuais do servizo descendeu.

Así, sinalan as nacionalistas, na actualidade hai tres contratos de xestión do servizo público de axuda a domicilio que suman un total de 2.750.000 euros:

Contrato de xestión do servizo público de axuda a domicilio IXuño de 2012

Geriatros

1.000.000 euros anuais, ive incluído
Contrato de xestión do servizo público de axuda a domicilio IISetembro de 2012

Centro Clínica Ribadeo

250.000 euros anuais, ive incluído
Contrato de xestión do servizo público de axuda a domicilio IIIMaio de 2013

Ingesan

1.500.000 euros anuais, ive incluído

Co autorizado no día de onte por Xunta de Goberno local, o orzamento anual do contrato de xestión do servizo público de axuda a domicilio II vai ser de 400.000 euros, un 60% respecto o agora en vigor. E o orzamento anual do contrato de xestión do servizo público de axuda a domicilio I vai ser de 1.210.000 euros, un 21% máis respecto o actual. Por tanto a suma da xestión da axuda a domicilio, incluídos os tres contratos, pasará a 3.110.000 euros(e non cinco millóns como se sinala na hemeroteca da web municipal).

Alén disto, o prezo do servizo por hora ordinaria de luns a sábado pasa nos dous contratos de 13,46 euros, sen ive (prezo actual), a 14,70 euros, sen ive, é dicir un incremento de 9,21%. E a tarifa de servizo por hora nocturna ou en día festivo pasa de 13,94 euros, sen ive (prezo actual), a 15,23 euros, sen ive, acrecentando un 9,25 %.

Entrementres, salientan as nacionalistas, o número de horas deste servizo decae, segundo os datos achegados polo Goberno municipal a unha pregunta escrita (achégase dixitalizada, xunto á resposta) feita polo Bloque Nacionalista Galego. Así no ano 2013 foron un total de 347.813,27 horas e no 2012 resultaron 361.796,90, é dicir cáseque 14.000 horas menos.

As nacionalistas denuncian esta situación na que se incrementan o prezo dos contratos e acrecentan o custe das tarifas cando o número de horas deste servizo diminúe, sendo as empresas as grandes beneficiadas a costa da cidadanía.

Bravo: "Concédenlles máis cartos ás empresas por menos horas de servizo para o pobo"