O BNG sumouse á concentración #XustizaParaJimmy
A Coruña, 22 de outubro de 2015.- O BNG da Coruña amosou esta maña a sua solidariedade a familia e amigos do seareiro deportivista asasinado en Madrid, así como aos restantes seareiros que foron brutalmente agredidos en Madrid nunha emboscada organizada por sectores neonazis vinculados ao Frente Atlético o pasado 30 de novembro.
O BNG coincide cos afectados en demandar Xustiza para Jimmy e en cuestionar a instrución xudicial, toda vez que a día de hoxe, transcurrido case un ano desde o asasinato de Jimmy, non hai ninguén imputado por tal feito.
Así mesmo, no día de onte o Portavoz Parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, reuniuse con membros da "Asociación Jimmy Sempre con nos" con motivo da pregunta que o vindeiro mércores lle formulará o BNG ao goberno en sede parlamentaria (punto 8 Preguntas ao Goberno, 8.2., publicación da iniciativa BOPG núm. 534, do 14/10/2015).