O BNG pon en evidencia que o Goberno Local non contará "co noso apoio" mentres continúe sen presentar unha solución ao burato económico

gm junho
O noso grupo municipal posa minutos antes do comezo do Pleno
A abstención do BNG no trámite da aprobación definitiva do Plan Municipal de Xestión e Prevención de residuos do Concello da Coruña, neste Pleno do mes de xuño, puxo en evidencia que o Goberno Local non contará co apoio da formación nacionalista mentres continúe sen presentar unha solución ao burato económico do Concello (un déficit de 12 millóns de euros na liquidación do orzamento de 2025, cun remanente negativo de tesouraría superior aos 9 millóns).
O BNG pon en evidencia que o Goberno Local non contará "co noso apoio" mentres continúe sen presentar unha solución ao burato económico

Esa abstención provocou a derrota do Goberno Local ao ser rexeitado o Plan Municipal. No trámite da aprobación inicial, o BNG votara a favor. Mais entre aquel momento e agora, por volta de 4 meses, aconteceron cousas, relatou o viceportavoz nacionalista, Francisco Jorquera. “Advertimos que non íamos apoiar ningún asunto do Goberno Local mentres non achegue unha solución ao desequilibrio económico que reflicte a liquidación de 2025”, afirmou.

Alén diso, remarcou, “o Goberno Local non dialogou co BNG a respecto dos contidos deste plan. Nin cando se someteu a aprobación inicial nin agora para ditaminar as alegacións presentadas á hora da súa aprobación definitiva”.

O problema de fondo, subliñou, é que o Goberno de Inés Rey se comporta como se tivese maioría absoluta, cando nin tan sequera a ten simple (na cámara municipal, é o segundo grupo en número de concelleiras e concelleiros).

O Pleno aproba as mocións nacionalistas

Canto ás nosas iniciativas, o Pleno aprobou as tres mocións formuladas polo BNG: sobre vivenda, sobre as demandas e necesidades veciñais do Recinto Feiral-Sector 7 e sobre o impulso á Área Metropolitana.

En concreto, a nosa portavoz, Avia Veira, conseguiu o voto unánime do Pleno a unha moción por medio da cal o BNG defendía que o Concello puxese a disposición da veciñanza 45 vivendas en réxime de aluguer, 5 delas as do edificio municipal da rúa Pontejos, o resto son pisos pendentes de arranxo por parte de EMVSA.

 

 

 

 

 

 

 

O BNG pon en evidencia que o Goberno Local non contará "co noso apoio" mentres continúe sen presentar unha solución ao burato económico