UNHA PREGUNTA ORAL PARA O #PLENOXUÑO

Mercedes Queixas, ao Goberno de Inés Rey: "Cando vai retirar a simboloxía franquista da cidade?"

WhatsApp Image 2026-06-04 at 12.57.15
Lenzos de alcaldes golpistas nun dos corredores do Pazo de María Pita
A concelleira do BNG Mercedes Queixas vai levar ao Pleno do vindeiro 11 de xuño o incumprimento por parte do Goberno Local da Lei de Memoria Democrática.
Mercedes Queixas, ao Goberno de Inés Rey: "Cando vai retirar a simboloxía franquista da cidade?"

Vaino facer por medio dunha pregunta oral que reza así: “Cando vai retirar o Goberno de Inés Rey a simboloxía franquista da cidade?”.

“Volvemos facerlle esta pregunta, máis unha vez, á vista de que pasa o tempo e continúa a ser unha materia pendente o cumprimento da Lei de Memoria Democrática por parte do Goberno de Inés Rey”, explica Queixas.

É tan así que a Fiscalía de Dereitos Humanos e Memoria Democrática dirixiuse ao Goberno Local o pasado mes de febreiro para solicitarlle un informe sobre o grao de cumprimento da Lei de Memoria Democrática nosa cidade.

“Queremos saber que pasa con ese informe”, afirma Queixas.

O incumprimento é clamoroso. “Os nomes de asasinos e criminais de guerra continúan a denominar rúas e espazos públicos da Coruña. Fascistas e golpistas continúan a teren honras e distincións”, denuncia Queixas.

É máis: mesmo dentro da Casa do Concello, en María Pinta, continúan pendurados até 18 cadros de golpistas e alcaldes franquistas. “Até están presentes na estancia da Alcaldía Oficial, xusto fronte ao salón de plenos”, remarca Queixas.

“Esta situación repugna a máis elemental conciencia democrática. É moita hora, pois, de que o Goberno de Inés Rey cumpra coa lexislación vixente e faga un exercicio de reparación da memoria das vítimas do fascismo”, conclúe.

 

Mercedes Queixas, ao Goberno de Inés Rey: "Cando vai retirar a simboloxía franquista da cidade?"