O BNG insta, de novo, o Goberno municipal a solicitarlle a A.P. a cesión dos terreos da Mariña
A Coruña, 13 de agosto de 2015.- En relación coa obra na zona da Mariña que mañá lle entregará a Autoridade Portuaria ao Concello da Coruña, o BNG insta o Goberno municipal a solicitarlle ao ente portuario a cesión dos terreos.
O BNG insta, de novo, o Goberno municipal a solicitarlle a Autoridade Portuaria a cesión dos terreos da mariña cuxa obra será entregada mañá
Neste sentido, a formación nacionalista lembra que xa con anterioridade lle ten demandado ao Goberno municipal que lle debe exixir á Autoridade Portuaria a cesión gratuíta ao Concello dos xardíns da Mariña, tal e como pediran as nacionalistas nunha moción presentada no pleno de maio do ano pasado. Trátase duns terreos, que na súa maior parte son propiedade do ente portuario, cuxa urbanización supuxeron un dispendio de recursos públicos municipais.
De feito, sinala o Bloque que o Concello da Coruña financiou en solitario as obras de urbanización da Mariña cun custo global de 6.822.323,79 , supondo un gasto de recursos públicos en terreos que non son municipais e nunha situación económica e social como a actual.
A formación nacionalista lembra que o Concello da Coruña ten gastados 7 millóns só na urbanización e que presentou en maio do ano pasado unha moción que na que demandaba a cesión dos terreos da Mariña
O BNG da Coruña aclara, por último, que a cesión dos terreos non suporía un esforzo a maiores para as arcas municipais pois o mantemento deste espazo aínda «portuario» xa está correndo por conta do pobo da Coruña. En base a un convenio asinado polo Goberno local anterior e a Autoridade Portuaria, o Concello da Coruña asume o gasto de 381.669,65 euros anuais durante 10 anos, é dicir, case un total de 4 millóns de euros, para manter uns espazos cuxa titularidade segue a ser da Autoridade Portuaria.