O BNG cre imprescindíbel o mantemento de actividade no mercado de Santa Lucía

Exterior do mercado de Santa Lucía
O BNG cre imprescindíbel o mantemento de actividade no mercado de Santa Lucía

O BNG CRE INDISPENSÁBEL DESTINAR NO MODIFICATIVO DE CRÉDITO UNHA PARTIDA AO MERCADO DE SANTA LUCÍA

A Coruña, 6 de agosto de 2015.- A concelleira do BNG Avia Veira ven de reunirse a primeira hora da tarde c@s praceir@s do mercado de Santa Lucia. Nesta reunión, a concelleira trasladoulles novamente o apoio do BNG ante a situación xerada pola resolución do 23 de xullo do goberno municipal, e que deixa @s praceir@s nunha situación de eventualidade. Asemade, tamén comunicoulles que ao longo da mañá, ela mesma mantivera unha reunión co goberno do Concello na que se lles trasladou a vontade do BNG de empregar o modificativo como unha oportunidade para poder manter a continuidade da actividade do mercado. Mais a única resposta recibida foi a ameaza “da foto” que lle quedaría ao BNG por coincidir co PP votando en contra do modificativo, sen atender á proposición trasladada.

O BNG mantivo unha reunión c@s praceir@s explicándolle como a través deste modificativo poderíase garantir o mantemento da actividade no mercado

O BNG ten claro que a proposta de modificativo de crédito, e que se ten previsto votar no pleno extraordinario de mañá, debe servir para que se resolva o actual problema do mercado, garantindo a continuidade da súa actividade logo de outubro de 2015 (ou dos seis meses do expediente de caducidade). Isto implica que se fagan xa as intervencións necesarias para acabar cos problemas que di o goberno do concello que se teñen detectado, sen prexuízo de pedirlle ao concesionario o que haxa que pedirlle xudicialmente polos seus incumprimentos. Deste xeito, o BNG cre que os máis de 385.000 euros de baixa en investimentos para reposición en mercados municipais, e que nun principio ían destinados ao mercado de San Agostiño, poden ser empregados en Santa Lucia tendo en conta precisamente a súa situación actual, cun futuro incerto a curto prazo. As nacionalistas lembran que todos os partidos con representación na anterior corporación de xeito unanimemente aprobaron a moción presentada polo BNG e na que se instaba a tomar as medidas necesarias para que se puidera continuar coa actividade mentres se acometían as obras de rehabilitación do mercado.

Ao longo da mañá, a propia Avia Veira, reuniuse co goberno municipal para lle trasladar á proposta, recibindo, a cambio a indiferenza como resposta

E o BNG mantén a súa postura, isto é, garantir a continuidade da actividade do mercado municipal de Santa Lucía despois de outubro de 2015 ou despois de que se declare rematado o expediente de caducidade. Tanto nun caso como noutro, @s praceiras teñen que seguir coa súa actividade sen precariedade ningunha. Isto supón que, a partir de outubro ou cando pasen os seis meses, teñen que ter unha resolución do Concello da Coruña, ditada ao abeiro da ordenanza de mercados, de autorización de ocupación dos seus postos.

O BNG lembra que foron o propio goberno municipal da Marea Atlántica e o concelleiro Alberto Lema os que crearon a situación de desamparo d@s praceir@s coa resolución do 23 de xullo após de garantirlles a estabilidade dos seus postos no mercado, cousa que quedaría no aire de se aprobar mañá o modificativo de crédito sen destinar ningún euro no mantemento da actividade. E, asimesmo, considera que faltan ás promesas realizadas @s praceir@s, que en todo momento se lles garantizou que non terían ningún problema para seguir traballando no mercado. E sen prexuízo de seguir demandando o habilitar no recinto o centro de saúde, algo que xa o día 30 de xullo demandou o propio BNG no Parlamento Galego.

Do que se trata agora é de garantir que haxa actividade no mercado, circunstancia que o BNG, sen a implicación decidida do concello, ve como moi difícil despois de outubro.

O BNG cre imprescindíbel o mantemento de actividade no mercado de Santa Lucía