O BNG concéntrase en defensa dos dereitos sociais e nacionais e contra a corrupción
A Coruña, 22 de febreiro de 2013.- O BNG da comarca da Coruña participa esta tarde na contración conxunta coa CIG, COG, NÓS-UP, BRIGA, COMITÉS, GALIZA NOVA, ISCA, LIGA ESTUDANTIL GALEGA e ADEGA, en defensa dos dereitos sociais e nacionais e contra a corrupción. A concentración, á que asistirán representantes orgánicos e institucionais do BNG, ten lugar dentro da campaña de mobilizacións que confluirá nunha manifestación nacional o vindeiro 2 de marzo en Compostela (con saída ás 12h desde a Alameda).
Xunto á nota, enviamos o manifesto conxunto que lerán, entre outras persoas, Alberte Fernández, presidente da A VV das Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules.