O BNG pide a máxima implicación da Xunta de Galiza para evitar o peche da fábrica de armas
A Coruña, 21 de febreiro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG reclámalle á Xunta de Galiza que faga todo o posíbel e se implique ao máximo cos traballadores da fábrica de armas tendo en conta que é o único centro de traballo de todo o Estado que vai pechar General Dynamics é o da Coruña. O resto das plantas que a empresa ten no Estado van reducir o cadro de persoal mais van manter, en todo momento, a súa produción, ao contrario do que acontecerá coa planta da nosa cidade.
Ademais, as nacionalistas emprazan o Goberno galego a esixirlle ao Ministerio de Defensa e ao Ministerio de Industria que non se inhiban e que presionen a General Dynamics. E ten que facelo porque o Goberno central, a través do Ministerio de Defensa e do Ministerio de Industria, é o maior acreedor de Santa Bárbara Sistemas visto modelo de financiamento do programa de Defensa, do que a empresa resulta moi beneficiada.