O BNG celebra que Correos tomase nota da iniciativa de Néstor Rego e restitúa o horario de tarde na oficina dos Rosais
A iniciativa de Rego .un feixe de preguntas por escrito ao Goberno do Estado en que denunciaba a "drástica" redución horaria da oficina, que deixaba sen servizo de tarde a unha poboación de arredor de 35 mil persoa- foi rexistrada o pasado 29 de novembro e Correos informaba este luns da súa decisión.
A restitución do horario de tarde era a única saída que tiña a empresa para continuar a prestar un servizo público de calidade, tal e como defendía o BNG:
Temos tamén que parabenizar a veciñanza, a asociación veciñal Francisco Rodríguez Otero, por se ter mobilizado para conseguir a restitución deste servizo público.
Na súa iniciativa, Néstor Rego denunciaba que o recorte do servizo afectaba especialmente as persoas traballadoras que dificilmente poderían recoller avisos, notificacións ou certificados que recibisen en horario de mañá.