UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

O BNG alerta de que está pendente a licitación do Plano Municipal de Accesibilidade

Avia Veira Fío Directo co BNG sobre vivenda. 12 de decembro de 2024.
Avia Veira, nun Fío Directo co BNG
O Acordo de Investidura asinado polo BNG e o PSOE incluía o compromiso por parte do Goberno Local de elaboración dun Plan Municipal de Accesibilidade Universal a realizar nos primeiros seis meses de mandato.
O BNG alerta de que está pendente a licitación do Plano Municipal de Accesibilidade

Como é obvio, esta previsión non se materializou e o compromiso fica pendente de cumprimento.

“É particularmente grave que o Goberno Local incumprise o compromiso porque mesmo no orzamento de 2024 -negociado polo BNG- existía unha partida para financiar a elaboración do plan”, considera a concelleira nacionalista Avia Veira, quen acaba de rexistrar un feixe de preguntas por escrito ao respecto.

O que si fixo o Goberno Local, a 21 de outubro de 2024, foi contratar unha asistencia técnica para a redacción dos pregos, trámite previo á licitación do contrato de servizos para a elaboración do Plan de Accesibilidade Universal do Concello.

Mais polo de agora a cousa ficou aí. “A esta altura de 2025, descoñecemos o contido destes pregos”, refire Veira.

“É particularmente grave que o Goberno Local incumprise o compromiso porque mesmo no orzamento de 2024 -negociado polo BNG- existía unha partida para financiar a elaboración do plan”

Por tanto, a concelleira nacionalista cuestiona o Goberno Local cando ten pensado aprobar a licitación do Plan e se contempla, tal e como defende o BNG, que se abra un proceso de participación cidadá “para o documento final ser o máis rico posíbel”. “Vai contar o Goberno Local con todo o tecido cívico no proceso de redacción deste plan?”, inquire Veira.

O BNG quer saber se o plan vai incluír medidas que atinxan o propio Concello -con medidas destinadas á formación do funcionariado- ou se tamén se vai estender ao ámbito privado.

“En definitiva, queremos un plan participativo e realmente transversal. Non se pode ter unha Coruña verdadeiramente democrática -isto é, con igualdade plena para todas as persoas, con independencia da súa idade ou condición física- se non alcanzamos a accesibilidade universal para todas as coruñesas e coruñeses”, conclúe Veira.

 

 

 

 

O BNG alerta de que está pendente a licitación do Plano Municipal de Accesibilidade