O BNG advirte de que o empréstito aumentará a débeda do Concello cos bancos que nunca tan alta foi
A Coruña, 4 de abril de 2014.- O Grupo Municipal do BNG sinala que a débeda viva que reflicte o informe de estabilidade orzamentaria á liquidación elaborado polo interventor, un total de 78,21 millóns, de euros seguirá a aumentar tras a aprobación para concertar un crédito por valor de 11,45 millóns por parte do Goberno local.
A aprobación en Xunta de Goberno para concertar un empréstito por valor de 11,45 millóns de fará acrecentar a débeda do Concello cos bancos que, segundo a liquidación de 2013, nunca tan alta foi: 78,21 millóns
O informe da liquidación, salientan as nacionalistas, sinala que nunca tan alto foi o capital pendente de amortizar ás entidades bancarias (2006:68,28; 2007:75,82; 2008:76.33; 2009:75,78; 2010:77,27; 2011:70,03; 2012:75,73; 2013:78,21). Este nivel de endebedamento non vén máis que a constatar que segue a acrecentar a débeda cos bancos e caixas e que estes créditos e empréstitos non se destinan para dar resposta ás necesidades motivadas pola crise que está a vivir boa parte da cidadanía da Coruña nin a crear emprego estábel e de calidade, riqueza e retorno económico, senón a satisfacer os caprichos do Goberno Local, entre outros, as obras do Parrote e da Mariña.
Proba disto, denuncian as nacionalistas, é a autorización do empréstito a concertar que hoxe deu a Xunta de Goberno Local no que unha boa parte do empréstito ten como destino financiar o antollo de Negreira na Mariña en detrimento das necesidades primarias dos barrios e das necesidades sociais da cidadanía.