O BNG advirte do risco de desprendemento entre a rúa Touro e Coronel Cerviño
A Coruña, 20 de xuño de 2014.- O Grupo Municipal do BNG advirte do risco de desprendementos nos muros da rampla que existe entre a rúa Touro e a rúa Coronel Cerviño e exíxelle ao Goberno Municipal a que adopte medidas por razóns de seguridade.
No tránsito entre as dúas rúas, sinalan as nacionalistas, hai un descenso en rampla e outro en escaleiras, coas choivas o terreo de recheo, pois antes era un noiro, debeu asentar e ao asentar provocou o descenso no muro de bloco situado baixo a rampla, aparecendo así grandes fendas e o desplomado dunha das partes.
O BNG, que presentou unha pregunta escrita para coñecer as medidas que ten pensado adoptar, sinala que de continuar os asentos e os desplomes existe un risco de desprendemento podendo ocasionar danos ás persoas que por alí transitan.