Bravo: "Nunca houbo tan pouca actividade cultural, porque as festas vampirízana"

Bravo: "Nunca houbo tan pouca actividade cultural, porque as festas vampirízana"

María Xosé Bravo 1 webA Coruña, 19 de xuño de 2014- A concelleira do BNG María Xosé Bravo está a advertir un gran retroceso na actividade cultural da cidade. Así, para evidenciar a “insistencia da dereita de meternos nunha festa continuada, onde o San Xoán empata coas festas de María Pita e onde a actividade festiva vampiriza a actividade cultural” bota man dos gastos do Instituto Municipal Cultura Espectáculos (IMCE). “Nunca tan pouca actividade cultural houbo, pois nunca tanto se gastos en festas, dun xeito que resulta ofensivo”, denuncia. E é que a pesar do incremento de gastos do IMCE, que pasou de ter un orzamento de 5,4 millóns en 2009 a 6,55 millóns no 2013, a actividade cultural da Coruña está a ser máis cativa ca nunca.

 

Gastos do IMCE por ano

ANOS                      2009             2010            2011           2012           2013

TOTAL                5.441.341      5.202.089    4.761.897    5.220.000    6.554.281

 

María Xosé Bravo tamén ilustra a aposta polas festas do Concellaría de Cultura do Partido Popular coas cifras de asistencia ás actividades organizadas polo Ágora, que pasou de 61.197 asistentes no 2013 s 54.347 asistentes no 2013. Tendo en conta que no 2012 o Ágora non estivo aberto todo o ano, a redución da asistencia ás actividades é do 18,45%.

Os museos científicos non son alleos a esta diminución da actividade cultural, pois as visitas á Casa das Ciencias pasaron de ter 117.097 visitantes no 2009 a ter só 81.277 no 2013. O mesmo acontece coa Domus, que contabilizou 119.006 no 2009 e 97.583 no 2013. O acuario non fica atrás, pois rexistrou 275.240 visitantes no 2009 e 214.212 no 2013.

 

Número de visitas aos museos científicos por ano

 

ANOS                    2009                2010              2011           2012          2013

C. CIENCIAS       117.097             98.833            85.331          87.084        81.277

DOMUS                119.006            110.568           101.076        98.110       97.583

ACUARIO            275.240            308 .648           244.239       218.023    214.212

 

 

Non se salvan sequera as exposicións, dado que o número de mostras nas salas municipais está a sufrir un retroceso “verdadeiramente alarmante”, en palabras da concelleira nacionalista. A Concellaría de Cultura reduciu á metade o número de exposicións, cifra que se suma á política de esquecemento e ocultación dos artistas plásticos da cidade, que repercute de xeito moi negativo á necesaria visibilidade e posta en valor do talento dos artistas plásticos da Coruña.

 

Número de exposicións nas salas municipais

ANOS                             2009          2010           2011           2012            2013

Nº DE EXPOSICIÓNS         41              45               42              36                21

 

 

Bravo: "Nunca houbo tan pouca actividade cultural, porque as festas vampirízana"