REPARTO DE MATERIAL DE CAMPAÑA NAS RÚAS DA CIDADE

Avia Veira: "O voto ao BNG serve para termos un porto liberado de débeda e por fin un tren de proximidade"

Avia Veira reparto material de campaña do BNG
Avia Veira, durante o reparto
Un grupo de militantes nacionalistas, entre elas a concelleira do BNG Avia Veira, repartiron esta mañá na Praza de Pontevedra material informativo de campaña.
Avia Veira: "O voto ao BNG serve para termos un porto liberado de débeda e por fin un tren de proximidade"

“Estamos a ter unha grande receptividade no contacto coas coruñesas e coruñeses”, afirma a edil do Bloque. Esta tarde tamén está programado un reparto ás 18 horas no Campo da Leña.

Veira chama a unha grande participación o 23 de xullo. “Convidamos a toda a xente a votar o BNG. O noso voto ten un valor duplo”, dixo.

Reparto material de campaña do BNG 2

E argumentouno así: “O voto ao BNG serve para frear a dereita, mais ao mesmo tempo para defender os intereses de Galiza no Estado, a facer que o noso país aumente o seu peso político no Congreso e no Senado onde se toman decisións que nos afectan decisivamente”.

O voto ao BNG serve, pois, “para defender o dereito da mocidade a ter futuro, mais tamén os dereitos e as aspiracións das persoas LGTBI, das mulleres, das traballadoras e traballadores”.

Reparto material de campaña do BNG eleccións xerais 2023. María Xosé Bravo.
María Xosé Bravo, ex concelleira do BNG, departe cun veciño

En chave local, o voto ao BNG serve tamén para “que teñamos un porto liberado de débeda” e para termos “un tren de proximidade”.

 

 

 

Avia Veira: "O voto ao BNG serve para termos un porto liberado de débeda e por fin un tren de proximidade"