AS DIFICULTADES DE ACCESO AOS XARDÍNS DE SAN CARLOS, EXEMPLO PARADIGMÁTICO
Avia Veira, á alcaldesa: "Señora Rey, a accesibilidade universal, para cando?"·
Veira formulará unha pregunta oral ao respecto no Pleno do Concello do vindeiro xoves co seguinte texto: “Señora Rey, a accesibilidade universal, para cando?”.
Esa falta de compromiso traduciuse en que este verán as persoas con discapacidade, mobilidade reducida ou diversidade funcional non puideron gozar en igualdade de condicións dos múltiples eventos e actividades que se programaron na cidade.
“Continuamos a ver como non se garanten nin espazos nin medios para as persoas con discapacidade ou con diversidade funcional poderen gozar das festas ou dos actos e eventos culturais con absoluta normalidade. Infelizmente na cidade non está garantida a accesibilidade universal”, lamenta.
Un exemplo paradigmático témolo nos Xardíns de San Carlos. A súa porta principal, pola rúa San Francisco, presenta unha barreira arquitectónica, unhas escaleiras, que impiden o acceso universal. E a alternativa, que é entrar polo Arquivo do Reino de Galiza, tampouco é neste momento posíbel por falta de acondicionamento dos seus peches metálicos.
“Sexa de quen for a competencia para resolver o asunto [de Patrimonio da Xunta ou do Ministerio de Cultura], o Goberno Local non pode consentir que persoas con discapacidade, mobilidade reducida ou diversidade funcional vexan impedido o seu acceso a un espazo tan emblemático da cidade como o Xardín de San Carlos. Ten que actuar e teno que facer xa”, urxe a concelleira.