FOI CONCEDIDA O MESMO DÍA EN QUE COMEZOU O FESTIVAL
Avia Veira leva ao Pleno as "graves irregularidades" na tramitación da licenza do Wake Up and Dream
Xa no pasado, o BNG solicitara a mudanza de emprazamento do Wake and Dream -que este xullo se volveu realizar no Parque de Bens- pola súa proximidade a un Espazo Natural de Interese Local (ENIL), as Illas de San Pedro.
As irregularidades comezan desde o mesmo momento en que, como xa acontecera na edición de 2024, a licenza asinouna o concelleiro de Cultura e Turismo o mesmo día en que comezaba o festival.
“Non é a única irregularidade. A tramitación no seu conxunto é unha absoluta chafallada, está chea de anomalías”, denuncia Avia Veira, quen sinala que a forma en que se tramitou o expediente “incumpre o decreto da alcaldesa para a xestión dos espectáculos públicos”.
Xa no pasado, o BNG solicitara a mudanza de emprazamento do Wake and Dream -que este xullo se volveu realizar no Parque de Bens- pola súa proximidade a un Espazo Natural de Interese Local (ENIL), as Illas de San Pedro
“Hai máis incumprimentos”, alerta, “no que ten a ver coa normativa de utilización do espazo público, mais tamén en materia de seguridade e de normativa de ruídos”.
“Todas estas irregularidades, que nos parecen moi graves, debullarémolos no vindeiro Pleno. Desde logo reiteramos que o Parque de Bens non nos parece o lugar adecuado para a realización deste festival”, acrecentou.
O texto da pregunta oral reza así: “Considera o Sr. Castro Prado que foi correcta a tramitación e a concesión da licenza ao Wake Up and Dream asinada por vostede?”