Valoración do fechamento perimetral da Coruña
Eis a avaliación do fechamento perimetral da Coruña, decretado hoxe pola Xunta de Galiza, por parte do grupo municipal do BNG.
1.-Para o BNG, a saúde e a a vida das persoas é o primeiro. Tal e como dixo a nosa portavoz nacional, Ana Pontón, nin o Estado de Alarma nin os peches perimetrais solucionan por si propios a situación. Son medidas que teñen que ser acompañadas polo reforzamento da sanidade pública, a contratación de máis rastrexadoras e rastrexadores, a realización de PCR’s masivas e a blindaxe das residencias de maiores, coa intervención daquelas que son de titularidade privada.
2.-Como BNG imos estar á altura das circunstancias diante desta nova vaga da covid-19. Cremos que Feixoo debe comparecer no Parlamento galego para informar sobre a situación e para a cámara achegar propostas e colaborar no combate contra a pandemia.
3.-Cómpre, ademais, que desde o Concello e desde a Xunta se estude a adopción de medidas que sirvan para paliar os efectos socioeconómicos que vaian resultar da aplicación do peche perimetral.